1 oct 2010

2010, ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE











"A biodiversidade é a vida,
a biodiversidade é a nosa vida"

A pesar dos importantes servizos que a biodiversidade (recursos biolóxicos) nos proporciona, está a sufrir unha ameaza sen precedentes; provocada, entre outras, pola actividade humana (causas antropoxénicas), que acelera o proceso natural de extinción de especies.

En 1992 na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento coñecida como o “Cumio da Terra” firmouse o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica que ten como obxectivos “…a conservación da diversidade biolóxica, o uso sustentable dos seus compoñentes e a participación xusta e equitativa nos beneficios que se deriven da utilización dos recursos xenéticos…”

O Convenio sobre a Diversidade Biolóxica (CDB) define a Biodiversidade como a variabilidade entre organismos vivos, incluída a diversidade xenética, de especies e ecosistemas. N

atura 2000 constitúe a pedra angular para a conservación da biodiversidade a nivel europeo. Xurde como resposta aos compromisos asumidos no marco do Convenio de Biodiversidade de 1992 e consiste nunha rede ecolóxica de áreas de conservación que pretende asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os hábitats máis ameazados de Europa.

http://www.fundacion-biodiversidad.es/

http://www.uicn.org/