1 jun 2011

A fraga do Eume

Traballo feito por Sandra, Cristina, Zulema, María López e María Vázquez sobre a fraga do Eume.

28 may 2011

2011, ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

"Os bosques preceden ás civilizacións, os desertos as seguen".

René de Chateoubriand.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2011 como o Ano Internacional dos Bosques para concienciar á sociedade dos problemas que sofren os recursos forestais de todo o planeta e frear o seu deterioro.

O Xograr transformouse nun inmenso bosque de fotografías e carteis. Ademais, algúns alumnos realizaron presentacións sobre Bosques de Galicia e do mundo.

10 may 2011

"O NOSO LUGAR NO UNIVERSO"

"Todos somos po de estrelas".

Carl Sagan (Astrónomo, exobiólogo e divulgador científico.

EEUU, 1934-1996)

Unha das preguntas fundamentais que sempre nos temos feito os seres humanos é de onde vimos. Cal é a nosa orixe? De onde procede todo?

A ciencia mostrounos o noso lugar, na periferia do Universo. Contrariamente ao que se pensou durante moito tempo, non somos o centro da creación, senón un accidente que moi ben podería non ter acontecido nunca. Pero un accidente moi especial.

A ciencia revelounos que o Universo, aínda que inmensamente vello, non existe dende sempre, senón que se orixinou hai 13.700 millóns de anos. Pero ese momento orixinal non o creou todo de golpe, senón que o foi creando posteriormente como produto do seu desenvolvemento.

Resulta difícil de concibir, pero o 99,99% da historia do Universo transcorreu sen os seres humanos. Hai moi pouco, e nun minúsculo recuncho dun Universo inconcibiblemente grande, fixemos acto de presenza. E, ata cando? Continuará a historia do Universo sen nos? O, quizais, será a exploración espacial que comezamos recentemente o primeiro paso da nosa expansión pola Galaxia?

20 feb 2011

A REVOLUCIÓN XENÉTICA: BIOTECNOLOXÍA.











En xuño do ano 2000, publicouse o primeiro borrador da secuencia do xenoma humano. Tiñan transcorrido 50 anos dende que James Watson e Francis Crick propuxeran por primeira vez a estrutura do ADN. As peculiares características desta molécula biolóxica, na que se atopa a clave do código xenético de todo ser vivo, son fundamentais para entender os mecanismos da repetición e transmisión da información dunha xeración a outra, e son a base da biotecnoloxía e da enxeñería xenética.

O desenvolvemento da bioloxía molecular permitiu que se entenda, non so o fenómeno xenético, senón tamén moitos dos procesos asociados á saúde e á enfermidade. Pero, sobre todo, as novas ferramentas biotecnolóxicas abriron a porta á posibilidade da reprodución asistida, á manipulación xenética (transxénicos, clonación, diagnóstico molecular e terapia xénica) e a o Proxecto Xenoma Humano.

Os implicacións éticas e sociais dos novos avances científicos fixo necesario o desenvolvemento dunha nova disciplina: a Bioética.


24 ene 2011

Parque Nacional Garajonay - Parque de Laurisilva

Traballo realizado por Javi Carnero, Javi López, Jesús Núñez, Lucas López, Pablo Pereiro (1º B.A.C. GRUPO:A).

17 ene 2011

NOVAS NECESIDADES-NOVOS MATERIAIS

Os antropólogos refírense ao primeiro homínido como Homo habilis, por seren capaz de modificar materiais de forma sofisticada. A historia e a evolución do ser humano pódese ler nos materiais que este foi utilizando, conformando e creando, có fin de satisfacer as súas necesidades. Hoxendía, existe unha Ciencia dos Materiais que se serve tanto da Bioloxía e a Enxeñería, como da Física e da Química. Podemos falar de NOVOS MATERIAIS con propiedades e aplicacións ata agora insospeitadas: tecidos que non se manchan ou mesmo invisibles, materiais moi resistentes ou supercondutores...
Búscase nos novos materiais que cumpran as seguintes propiedades:
  • Estar feitos a medida.
  • Ser nano, intelixentes e biomiméticos.
  • Enerxéticamente máis eficientes.
  • Reciclables e menos tóxicos.
  • Favorecerán o medio ambiente e o desenvolvementeo sostible.
  • Serán autorreparables e autodestructibles.

http://www.oei.es/salactsi/Invento.pdf

http://www.blogger.com/:%20%20http://www.rtve.es/mediateca/videos/20091122/tres14---nuevos-Materiales/634323.shtml



11 ene 2011